As aventuras de Odiseo. Dramaturxia clásica grega para o pereiriños galegos de Xosé Luna Sanmartín, publicado por edición Embora, na colección Tren das cores, e ilustrado por Eva Seoane.
Introdúcenos o autor: "As aventurase Odiseo son seis pequenas pezas teatrais creadas para achegar a todos (nenos nenas e adultos) ese poema universal e marabilloso escrito en 12.110 versos por Homero hai case tres mil anos."
As obras toman retazos da historia para transformalas nas pezas teatrais O cabalo de Troia, O cíclope Polifemo, Eolo, As sereas, Penélope e A volta a Ítaca. Comeza co final da batalla, co engano dese cabalo que introducido en Troia lle dará a volta á guerra. Ulises vencedor quere volver ao seu país, Ítaca, onde o agarda a súa muller Penélope (a que tece e destece, día e noite) e o seu fillo Telémaco. O camiño non vai ser doado e a loita ha de continuar fronte ao cíclope Polifemo, sorteando ao deus Eolo e as sereas... ata dar chegado á casa onde ninguén o recoñece e poderá vencer aos pretendentes no certame do arco. Unha historia mil veces repetida que xa forma parte do acervo de toda a civilización occidental; unha historia moi querida en Galicia onde moitos dos nosos escritores a homenaxearon converténdoa nun relato común e propio.
Remata recoñecendo a fonte bibliográfica Mitos e lendas da vella Grecia de Anisia Miranda e cun vocabulario para facilitar o recoñecementos dos personaxes e lugares.
Ningún comentario:
Publicar un comentario