Luns, 5 de novembro, imparte unha
conferencia con ese mesmo título, Ler contra a nada, no
Ateneo de Santiago dentro do seu ciclo conmemorativo do X
aniversario, ás 20 horas no local de Afundación na rúa do Vilar.
O libro é unha xoia,
presentada nun pequeno formato co que Siruela edita a súa
"Biblioteca de ensayo".
Unha
defensa da lectura a base de artigos nos que se vai centrando en
diferentes aspectos e que rematan sempre abrindo a porta a outro
ámbito coa fórmula: “… esa é outra historia e debe ser contada
noutra ocasión”. Estes capítulos altérnanse con outros que levan
por título “Lecturas de lectura” nos que seguindo as letras do
abecedario introduce textos sobre a lectura de diferente autoría que engaden argumentacións sobre o anteriormente citado; son textos
que todos e todas queremos ter a man, da autoría de Proust,
Borges, Youcenar, Ende, Argüelles, Castellet, Pennac, Carr,
Rosembkum, Rodari, Grijelmo, Parra, Jarauta, Platón, L. González,
Osoro e moitos outros e outras para falarnos da lectura desde as
diferentes ópticas desde as que pode ser analizada.
Un
home que ama a lectura, apoiándoa a defendéndoa ao longo de toda a
súa vida. Un home de emocións que nos remite ás experiencias e
expresións de moitos outros nun exercicio de recompilación
xenerosa no que non só recolle a súa práctica senón a de quen
transitou e reflexionou sobre a lectura. Un libro para
especialistas pero tamén para mediadores de lectura, para amantes da
lectura e para o público en xeral que ha de saber o que perde cando
non le.
Un
luxo escoitalo, unha vez máis, porque a súa palabra é auténtica. Sempre no compromiso da creación dunha sociedade lectora
imprescindible para superar as dificultades que inzan o camiño da
utopía, calquera que sexa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario