Miralas. Entrar a mercar o libro que temos na cabeza. Pedirlles asesoramento acerca de novidades que descoñecemos…
A libraría forma parte dese comercio próximo que debemos manter para conservar calidade de vida. Soster o ecosistema. Diso sabemos moito a xente de aldea. Comezamos a coller o coche para ir ás grandes áreas comerciais, íase ás vilas a tomar o café e… ao final quedamos sen tabernas nas que reunirnos, sen comercios dos que tirar no momento que precisamos sen necesidade de coche. Agora, só se ve a xente na misa. Non hai onde ir buscar esas galletas que precisamos. Quedamos orfos, sen lugares nos que facer comunidade, con menos recursos que os que tiñamos antes, con menos servizos… As librarías son parte diso, o comercio de barrio, a cultura ao pé da man.
Nas aldeas, neste momento, escóitase a chamada do panadeiro e os múltiples coches que fan reparto dende amazon oou calquera comercio virtual. Cada día máis pechados dentro das casas, cada xornada un pouco máis lonxe unas casas das outras.
Volvamos. E como parafraseando un anuncio coñecido, “Vivamos como vecinos”. Despracémonos a esa libraría que nos serve o que precisamos e cando o precisamos sen necesidade de facer máis ricos ás grandes empresas estranxeiras.
Por que seguir defendendo o de outros e non o noso? Por que seguir cargando co complexo de inferioridade? Por que entregarlles os nosos cartos aos que non pagan impostos no noso país? Por que permitir pechar comercios para pagar máis desemprego (cando iso si que o pagamos nós)? Eses, tamén nos poden servir os libros na casa, se estamos angustiados e non nos sentimos con forza para saír. Eses, ademais dos libros, igual nos preguntan como estamos…
Vaiamos á pequena libraría, non á das grandes superficies se non á próxima, á do veciño e a veciña. E merquemos o que queiramos, é un bo día para facelo, para darnos ese gusto e darllo a outros/as agasallándoos con esta desculpa: “É que é o Día das Librarías, sabes?” E ogallá o exemplo se espallara (en vez do coronavirus) e andiveramos todos na roda do agasallo, o único que é cultura e non consumo.
Hai novidades e hai libros sobre libros, sobre os lugares e as persoas que andan entre libros. Hoxe recoméndovos:
Catro cartas. Un libro de Xabier P. Docampo que é unha boa lectura para todos e todas. Cartas a ten nos inoculou o virus da lectura.
Ningún comentario:
Publicar un comentario