A proba de auga de Anémona de Río resultou ganadora do I Premio Banda Deseñada O Garaxe Hermético, publicada agora na colección Merlín Cómics de Xerais.
É unha boa noticia esta colaboración da editorial Xerais coa escola de Banda Deseñada O Garaxe Hermético, dirixida por Kiko da Silva. Están a faltar cómics en galego, especialmente para primeir@s lector@s. Xerais botou a andar coa serie de Marcopola.
Así nos presentan o seu resumo:
"Rematados os seus estudos, unha pequena pinga de auga está xa preparada
para levar a cabo a súa misión. Pero no seu primeiro día todo ocorre
demasiado rápido, perde de vista o seu grupo e esperta nun lugar
descoñecido. Terá que reunir valor e internarse nese novo mundo para
atopar os seus compañeiros e compañeiras, intentar cumprir co seu
cometido e descubrir quen é ese escorregadizo descoñecido que o pon todo
patas arriba."
Unha viaxe polo corpo humano, relacionándose cos glóbulos vermellos, as neuronas, bastón e conos que andan polos ollos, vacinas, leucocitos... pasando polos diferentes órganos e vísceras. Algo que non poderás esquecer, especialmente nestes tempos de virus.
Ningún comentario:
Publicar un comentario