Meigas fóra! de Ramón D. Veiga, ilustrado por Iván R. vai diso, de dúas vilas veciñas entre as que se establece unha rivalidade. Unha quere ser máis que a outra e a outra máis que a unha, gastando o que non teñen para destacar e quedar por riba. Os principais responsables o alcalde de Leira e a alcaldesa de Beira que andan a ver quen ten máis poder, sempre fachendeando. O punto álxido chegou na noite de San Xoán, o alcalde pediulles que talaron todas as árbores para ter a cacharela máis grande e a alcaldesa pediu que queimaran mobles e roupa. Foi tanto, que se queimaron as estrelas do ceo, a lúa escapou e o mar secou, daquela os veciños decidiron marchar e fundar unha nova vila na que conviviron os de Leira e os de Beira porque cando se atoparon déronse conta de que estaban ben xuntos en Feira.
Aproveita o autor para achegar a canción do San Xoán e as flores que han de recollerse para lavar a cara ao día seguinte. Polo tanto, un libro para esa festa e a crítica aos localismos, na colección Merlín.
Ningún comentario:
Publicar un comentario