"Unha travesía no mar da lingua para bailar á roda coas palabras", así se nos presenta O pirata Ataripo de Paco Barreiro co ilustracións de Laufer e publicado por oqueleo.
"Neste relato vivirás as aventuras do mono tití Ataripo, do seu amigo Chiopío, ratiño de barco, e da súa tripulación de pulgas mariñas, que se lanzarán á conquista dos océanos nunha embarcación singular: O Cocodococo". Todas as aventuras convértense en ocasións para xogar coa lingua, utlizando dende pareados que buscan a musicalidade a homónimos que atopan a confusión. Que farías ti cando atopas que "rata" está en "pirata", se te paras ante "monopolio" e decides brincar con "mono" e "polisón" ou queres ver que teñen que ver "ateresido" con "teres ido"? Tamén te podes entreter coas palabras que van e veñen ou palíndromos (ou capicúas se son números) como "cocodococo" ou coas onomatopeas, buscando outros sentidos a palabras que xa teñen un como "infame" ou "trasnoitar" ou "impensable"; todos os de "cabo" e "golfo"... e as centos de brincadeiras que atoparás salpresando o relato.
Vaia que ler o libro vai divertir porque é seguir a aventura dese mono co rato e as pulgas pero tamén entreterse coa recreación das palabras e maneiras que nos van saíndo ao paso.
Ningún comentario:
Publicar un comentario