Están de moda as series, xa as editoras e os creadores se deron conta de que hai que fidelizar lectorado, hai que conseguir que as lectoras e os lectoras queden pegados ás historias, se fagan amigos dos personaxes e queiran seguir sabendo deles... como se foran da familia.
Ledicia Costas continuou con Escarlatina, coa señorita Buble e agora xa pensa na serie dende a primeira entrega. Os minimortos. Benvidos ao Outro Barrio que ten continuidade en Criando malvas. Os Minimortos con ilustracións de Mar Villar. Realmente son historias divertidas ambientadas nun lugar ben especial, con personaxes ben defiidos, así que temos os ingredientes necesarios para que prendan nas cabeciñas.
Outro autor que se lanzou ás series foi El Hematocrítico con Heroes do recreo, unha banda deseñada para peques (canta falta nos fai!). Dúas entregas, por agora: A media hora dos heroes. Lendas do recreo e Campións do mundo. Lendas do recreo con ilustracións de Albert Monteys e tradución de Anaír Rodríguez.
Ningún comentario:
Publicar un comentario