O premio Arume reaparecu en 2021, convocado pola Fundación Neira Vilas e GALIX e patrocinado por Deleite (ese leite que alimenta a nosa cultura, a nosa lingua, o noso país).
Entregouse ex aequo a Violeta Parapluie e ouras historias de xente pouco corriente e A flor da letra. O primeiro deles é un poemario canalla que bebe nas fontes do escatolóxico, o politicmaente incorrecto e a provocación. Unha mademoiselle que viste elegantemente e camiña cun paraugas vese convertida nunha moza gótica cando lle cae un raio e a partir de aí vai camiñar cun pararraios, o rapaz Martiño tan temesiño que pensa que os veciños son fantasmas porque ve moitas sábanas colgadas cando está nun hotel, Guillerme que descobre que adora comer vermes despois de ter tragado un nunha castaña, Carmiña é unha rapaza a quen meten en auga moit quente para quitarlle a tiña e encolle tanto que a partir daquela lévana como a un chihuahua con correa, Andrea empeñada en facerse serea para o que merca un peixe ben grande e contrata un cirurxián e unha costureira pero non sabía nadar, Tara e Mara as irmás siamesas que compartían o corpo pero discuten tanto que lles cortan unha das cabezas e a que queda chamarase TaMara, Mariana Porcallana lava os dentes entres caga... e un sin fin de personaxes inesperados. Ao final, queda un espazo para que a lectora ou lector escriba o seu. Da autoría de Ramón D. Veiga está ilustrado por Iván R.
O outro poemario é A flor da letra. Estampa de lectura, con percusión, para nenas e nenos de Manuel López Rodríguez ilustrado por Nuria Díaz. Un monllo de poemas plenos de ritmo e repeticións que pretende ser unha homenaxe a outros poetas (Xela Arias, Lois Pereiro, Luz -non sabemos cal delas porque non achega os datos suficientes para recoñecela agás cando o nome é case irrepetible-, Uxío, Rosalía, Eusebio Lorenzo Baleirón, Xohana Torres, Celso, Pura Vázquez, Dora Vázquez, Manuel Antonio, María, Luís... e un xogo de canto e baile. Unha pena non telo traballado un pouco máis e que ademais do ritmo puidera ser unha porta de entrada á poesía de cada un deles.
Ambos libros son publicados por Embora.
Ningún comentario:
Publicar un comentario