A casa da Moira de Sergio Sánchez Benítez con ilustracións de María Montes, traducida por Xosé Duncan e publicada por Bululú.
Así se presenta: "Aquela casa de cor gris, atrapada no medio do tráfico, sempre chamara a miña atención. Quen podería vivir rodeado de asfalto, sen comunicación ningunha? Estaba convencida de que alí só podía habitar unha bruxa. Unha tarde de inverno decidín cruzar a autoestrada e, malia que non coñecín ningunha meiga, si descubrín quen son as moiras.» Daniela é unha rapaza moi imaxinativa e observadora, un día decide descubrir quen vive nesa casa, atravesa a autoestrada e algo sucede... é atropelada? atravesa aproveitando que o castelo baixou a ponte levadizo por medio dun camión que envorcou? O caso é que coñece a unha dos Moiras e que este decide axudala, así se salva e para demostrar que o que sucedeu foi certo, anos máis tarde atopou os sinais.
Mitoloxía ao servizo das historias actuais.
Ningún comentario:
Publicar un comentario