Galaxia e os formatos grandes para pequenos. O mundo de cores de Roque e Lía con texto de Paula Suárez e ilustracións de Nuria Díaz. É ela, con sete anos, quen conta a historia, di que a Roque lle gusta moito ler. As imaxes acompañan esa idea con varias persoas con libros. A eles os dous gústalles xogar a imaxinar que as cousas cambian de cor. Pedro é un compañeiro ao que lle encanta pintar, é despistado e creativo; con el acostuma meterse moito Antón (o máis alto e máis competitivo da clase que conta con dous escudeiros que sempre o andan apoiando). Cando Antón pintou as uñas de cores ríronse moito del. Roque e Lía foron falar con el e convidárono a ver o mundo de cores tal como eles fan, á mañá seguinte viñeron os dous coas uñas de cores e crearon o Club da Amizade, fóronse apuntando outros máis e máis ata quedar só Antón nun recuncho, daquela Roque achegouse a el e convidouno a formar parte do club e se non lle gustaba pintar as uñas... era igual, o que valía era que cadaquén fixese o que considerase: o respecto polos demais non depende diso porque tal como aseguran "hai moitas e diferentes formas de ser, estar, e, por suposto, de pintar as unllas, ou non...".
Moi didáctico e dirixido, quedando moi pouco á interpretación, pero vaise levando.
Ningún comentario:
Publicar un comentario