Bromas na escuridade, o marabilloso A casa enmeigada que se fai acompañar de fiestras aos monstruoso e ruídos aqueloutrantes, libros en bilingüe galego inglés Os vampiros non existen ou As dúas meigas, libros de personaxes terroríficos (O pequeño vampiro, Violeta quere ser vampira, 1 2 3 vampiro ti es, Onde viven os monstros, Somos os monstros, Carabuñas, A min non me comas!, Queda sitio na vasoira?, A bruxa regañadentes, O manual das bruxas, A bruxiña que era boa, As bruxas, Palabra de bruxa... E falando de bruxas habería que pensar en todas as series de bruxiñas que van aparecendo, por exemplo na editorial Cumio na colección Meigas ou Malvarina. A Colección O baúl dos monstros con todos eles: O monstro do armario, O esqueleto, O ogro, O zombi, A pantasma, O home do saco e O home lobo.
Falando de difuntos... Contos no nicho de varias autorías, publicado por Alcaian.
As series como a de Martiña de Bárbara Catini, publicada por Hércules cos títulos Unha historia para esmendrellarse de risa, Unha sorpresa maravillosa, O amigo pantasma, Un curmán repugnante…
Os libros de Jack Mircala, o mago da ilustración con papiroflexia. Del son Pánico no bosque dos Corazóns Murchos (Nos arredores de Malvadia existe un inquietante bosque onde habitan as Criaturas Pánicas. Estrañas, horrendas pero inofensivas criaturas que endexamais durmen e, capitaneados polo violinista Fastido, asustan os días de todos os habitantes da aldea, menos de Bladis, unha pianista que axudará a Fastidio e os Pánicos a cambiar as súas vidas.), Baixada á esquela (Dante, un mozo soñador, enfrascado na escritura de contos de aventuras, morre mentres trata de concluír o último capítulo da súa máis romántica e fantástica narración. A súa amiga Corintia atopa no manuscrito, que o conto de Dante non está concluído e relata unha fatídica peripecia que agarda ao pobre espírito do raparigo tras a súa morte: o seu secuestro e escravitude nun lúgubre sub-mundo chamado Necrolóxica. Corintia tratará de rescatalo e liberalo así do castigo máis cruel: a Inexistencia) ou Lóbrego, Romance, Pálida Pantasma (ruídos e voces doentes, lendas de antepasados, retratos de tristes rostros, espectros namorados, unha ciénaga apestada e mesmo un bico envelenado. Contos rimados que nos trasladan a un mundo romántico dominado por paisaxes impenetrables, cantís escarpados, encantos eternos e todo cun halo de melancolía ao que non é alleo o imaxinario da literatura gótica, a estética do XIX, o expresionismo, a influencia de Gorey e Burton, así como das súas particulares técnicas.
E acabado de saír do forno...
Sibila e a monstruosa festa do Samaín de Marta Lado. Da presentación editorial: "Unha historia sobre os medos. Nace, por unha banda, do pánico dunha nai
a transmitirlle á súa filla os medos herdados e, pola outra, vén da
reflexión sobre a necesidade do medo nas crianzas como mecanismo de
protección e de formación da propia personalidade. É, tamén, unha
historia dos monstros do ideario popular tradicional cun chisco de humor".
Ningún comentario:
Publicar un comentario