Os contos do Lobicán de Eva Mejuto obtivo o XV Premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques 2022. Aparece agora publicado por Baía con ilustracións de Sofía Venzel.
Da presentación editorial: "Os contos do Lobicán é unha proposta estética adaptada con rigorosidade ao teatro de monicreques; unha historia en verso, áxil, divertida e atrevida que busca darlle a volta ao conto, que combina personaxes e universos temáticos propios dos contos clásicos con temáticas de actualidade, nomeadamente o respecto pola natureza e a convivencia pacífica e respectuosa entre os seres humanos e os animais."
Personaxes dos contos tradicionais (lobo, avoa, carapuchiña ou Xiana...) nunha historia contada doutra maneira porque agora é o lobo quen vai á casa do avó e debe ter coidado cos humanos que poden aparecer no bosque. Xogos de palabras, rimas, cancións... fan da obra unha representación feliz.
Ningún comentario:
Publicar un comentario