Queridas pantasmas de Alba de Evan está publicada na colección Fóra de Xogo de Xerais.
Da presentación editorial: "Amelia múdase a unha nova vila fuxindo do seu pasado, mais... podemos escapar do que axexa no noso maxín? Entre as paredes do seu novo fogar descobre que a amizade pode transcender a morte, e que, como pasa con todo o importante, as rosas non son tan doadas de coidar como parece."
Uns capítulos curtos con títulos moi interesantes introdúcennos nunha historia que de vez en cando nos confunde como falar dunha aldea que é concello e ten un CPI. A presenza da música, toda en inglés. Unha carga que trae a moza protagonista dende a vila da que vén e que se nos explica moi avanzada a novela o que lle confire un certo misterio, unha relación coa pantasma que vive na casa á que se mudan e que nos trae unha relación homosexual en tempos difíciles e unha evolución cara a madurez, a súa relación cun mozo que nos sitúa nunha panda de rapaces machistas que semella ben refletida, os enfados coas amigas que case sempre resultan inxustos ou pouco coherentes, un final ao que lle resulta difícil poñer a palabra fin... Accidente, valentía ou cobardía, psicóloga, o coidado das rosas, os malentendidos nas relacións persoais. As pantasmas que nos acompañan e nos condenan a castigarnos ou aquelas outras que nos acomapañan e nos apoian.
Ningún comentario:
Publicar un comentario