Barack Obama, afirmou que a lectura lle ofreciu "a oportunidade
de desacelerar e atopar unha perspectiva e a habilidade de poñerse nos zapatos dos outros, e redescubrindo, reconstruíndo... poder redescubrirme”. Este voraz lector declarouse inspirado polo
pensamiento de Nelson Mandela (“unha prensa crítica, independente e de investigación é o elemento vital de calquera democracia”), Abraham Lincoln (“mellor é calar e que sospeiten de
túa pouca sabiduría que falar e eliminar calquera dúbida"), Martin Luther King e
Mahatma Gandhi (“A educación
é o gran motor do desenvolvemento persoal. É a arma máis poderosa para
cambiar o mundo”), ademáis de polos novelistas norteamericanos de cor James
Baldwin, Ralph Ellison, Langston Hughes e W.E.B. Dubois, todos
loitadores polos dereitos civís, como este último, que sendo
sociólogo, historiador e activista dos dereitos civís panafricanos
propuxo accións contra o racismo e a discriminación, o colonialismo e o imperialismo nos seus libros The Souls of black folk e Black
reconstruction in America.
Obama fixo públicas listas de libros que tiña pensado ler, por exemplo no último verán; pero tamén ten falado dos escritores que influiron na súa maneira de ser. Recoñece que sempre recurriu á literatura para "fuxir da burbulla do egocentrismo" ou para adquirir
discernimento, así o conta no seu primeiro libro "Os soños de meu pai".
Ningún comentario:
Publicar un comentario