mércores, 26 de abril de 2017
Un premio co nome de Agustín Fernandez Paz
O día do libro facíanse públicas as bases da convocatoria do premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade, promovido polo Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA) e o Concello de Vilalba, coa colaboración de Edicións Xerais de Galicia.
Nel poderán participar todas as persoas que presenten narracións inéditas en lingua galega dirixidas ao público infantil e xuvenil, cunha temática vencellada ao compromiso pola igualdade, un tema ben querido por este autor.
O prazo de presentación do orixinais remata o 12 de xullo de 2017, coincidindo co primeiro cabodano do pasamento de Agustín Fernández Paz. O autor ou autora da obra gañadora, que será publicada por Xerais en 2018, recibirá 3.000 euros. O xurado emitirá o seu ditame no mes de outubro.
Unha iniciativa que promete. Un proxecto ilusionante que quere manter vivo o compromiso deste creador co valor da igualdade.
Accedemos ás bases a través do blog de Xerais.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario