Acaba de facerse público que a escritora brasileira, Marina Colasanti, recibirá o premio o 28 de novembro, durante a FIL. Un premio creado pola Fundación SM en 2005 e conta cunha dotación de 30 mil dólares.
O xurado declara que este premio foi concedido tendo en conta a calidade literaria da súa obra expresada nun rico linguaxe
poético, o eloxio da fantasía e o uso e dominio do simbólico; pola relectura valorativa do conto de fadas, así como pola
construción de personaxes profundos, ben consolidados e cun gran
mundo interior.
A autora que considera que a súa misión é emocionar, facer pensar e abrir interrogantes, ten feito declaracións de tanto interese como que incorporarse á literatura infantil foi como entrar na cova de Alí Baba, para non querer saír nunca máis.
Edicións Xerais de Galicia publicou No labirinto do vento,un volume que reúne dúas obras que gañaron en
1979 dous prestixiosos premios brasileiros: o Gran Premio da Crítica e o
Premio da Fundación Nacional do Libro Infantil e Xuvenil. Esta é unha boa época para volver a el.
Ningún comentario:
Publicar un comentario