Unha avoa é a narradora; ela conta a historia que se presenta así:"Saír sen danos dunha liorta co capitán Cancro non é tarefa doada. Cando menos levarás de recordo algunha cicatriz revirada e, de seguro, unha historia que contar. Como a que a avoa de Nico e Bruno lles relata aos seus netos, onde lembra a batalla que os pais dos nenos tiveron que librar contra tan temido personaxe. Unha historia con monstros arrepiantes e valentes piratas, loitas con feridas abertas e moitos aloumiños para pechalas. Un conto autobiográfico que aborda a enfermidade con tenrura e positivismo. "Ela conta esa historia, a dos pais dos nenos (daqueles que buscan tesouros e debuxan na area) que tiveron que pelexar co capitán Cancro que os secuestrouo".
E... porque detrás de cada cicatriz hai unha fantástica aventura. Porque para loitar tes que vestirte de pirata co pano na cabeza, co parche no ollo, coa perna revirada. Porque sempre podes enviar mensaxes en botellas para informar de como vai a loita. Porque esa é unha viaxe complicada, coas augas bravas, as quenllas atacando, os ventos tumultuosos... pero as baleas e os golfiños están dispostos a axudar e así poderase chegar a illas marabillosas nas que as pílulas colgan como froitas das árbores... incluso hai monstros coma o Quimioteronte e a Radiotesaura que lles axudarán a vencer ao capitán Cancro. Igual tiñamos que organizarnos ben e ir dunha vez todos e todas xuntas a derrotar a Cancro, o maligno cangarexo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario