Miko un heroe con moita fame de Susana Peix e Julilustrador, Un lobo de conto da mesma autora con iustracións de Mercè Canals. Os dous publicados por Cumio Editorial, na colección Lemos +6. No primeiro deles coñecemos a un coala que a pesar das ganas que ten de comer as follas máis tenras dos eucaliptos, non dubida en salvar a dúas crías de paxaro que corren o risco de ser comidas por un dragón barbudo; despois, está tan canso que non dá subido á árbore para comer, pero a nai dos paxaros levaralle esas follas coas que recupera a vida. Na presentación dise: "Axudar aos demais sen esperar nada a cambio é un sentimento positivo que nace do altruísmo. Hai un valor humano chamado empatía que nos ensina a nos pór no lugar dos demais e nos fai mellores persoas". Pois si, diso vai a historia.
O segundo, Un lobo de conto, aparece así presentado: "En tanto que os seus brincaban no bosque e aprendían a ser lobos, o pequeño lobeto sempre ficaba na cova. Encantáballe escoitar os contos que lle contaba a súa nai. Era una grande inventora de historias! Os seus irmáns pensaban que esas historias eran unha perda de tempo, até que un día o lobiño lles deu unha boa lección." Porque ouvear para chamar e que ninguén se perda ou contar contos tamén ten o seu valor. Da presentación recollemos: Ser diferente non é algo negativo, aínda que moitas veces o vivamos dese xeito por causa do noso medo. Todas as persoas somos diferentes e, moitas veces, esa diferenza é a que nos fai ser tan especiais.
Preparados para unha lectura doada e buscándolle os valores que os acompañan...
Ningún comentario:
Publicar un comentario