A cidade do átomo de Iria Misa é o libro premiado no certame Agustín Fernández Paz pola Igualdade.
Da presentación editorial: "Tras a explosión no reactor 4 da planta nuclear de Chernóbil todo semella inerte na cidade do átomo. Desde a súa evacuación, Prípiat é unha cidade en ruínas que os pequenos e as pequenas, ante a ausencia de adultos, se afanan por manter en funcionamento. Todos agás Lena Petrova, diferente e solitaria, que non é quen de atopar o seu lugar entre as rúas e edificios baleiros. Non hai nin rastro da súa mellor amiga, Svetlana, e agarda con ansia o regreso da súa nai. Tan só o enigmático Máscara parece adaptarse tan mal coma ela á nova orde das cousas. Que segredo agochará? Unha estremecedora ficción historica ambientada na cidade fantasma"
Publicado na colección Merlín de Xerais con ilustracións de Sonia García. Esta entrevista coa autora, achega máis información sobre o libro.
Unha atmosfera irreal, unha rapazada gobernándose, a soedade do abandono, a discriminación ao diferente, a educación soviética, os líderes da URSS, o perigo nuclear e a sorpresa final, iso que nunca esperamos e que aparece para darlle sentido á obra.
Ningún comentario:
Publicar un comentario