Na procura da illa do tesouro de Lizzy Stewart está publicado por Triqueta Verde.
Así o presentan: "Matilda e o seu pai son MOI diferentes. Ela é rápida, el é lento. Matilda é metódica e el un pouquiño trapalleiro. Ela gosta do silencio e el é un tanto rebuldeiro. Aínda así, deciden ir na procura dun tesouro agochado nunha illa perdida. Para iso seguen un mapa que Matilda ten, mais o seu pai, que é moi distraído, frustra continuamente os plans de Matilda.
Serán capaces entre os dous de atopar o tesouro?" Un cambio de papeis, unha nena que semella máis responsable que un adulto que se vai despistando a cada instante, pero quérense moito e... ese tamén é un bo tesouro, porque cando se atopan a felicidade reaparece.
O abrazo de Eoin Mclaughlin, publicado por Algar. Así o presentan: "Unha
historia moi humana protagonizada por animais. Ourizo está triste. Tan
triste, que só hai unha cousa que pode animalo: un abrazo. Mais ningún
animal o quere abrazar. A Tartaruga pásalle exactamente o mesmo. Moucho
vailles explicar que o problema é que Ourizo é aguzado de máis e
Tartaruga osuda, demasiado osuda. Conseguirán o abrazo que tanto desexan? A
tenrura deste libro vaite conquistar."
Un libro ou dous libros porque se pode ler empezando por un lado ou polo outro (daquela terás que darlle a volta) e atoparanse compartindo as páxinas centrais. Unha boa historia cunha presentación diferente. Unha obra que semella pensada para estes tempos nos que todos necesitamos abrazos e todos os tememos pola proximidade dun virus.
Ningún comentario:
Publicar un comentario