Peque máis eu. (Peque é un can enorme, eu, unha nena pequeniña). Leamos…
Peque era moi velliño, eu sabíao. Era moi velliño e estaba moi canso.
Un día Peque mirou para nós, moveu o rabo, pechou os ollos e morreu. Na casa puxémonos todos moi tristes…
A min comezaron a acontecerme cousas estrañas. Un nubeiro negro apegouse á miña cabeza, tanto, tanto, que case non podía erguela e tiña que camiñar mirando para o chan. Uf! Era moi incómodo.
(un garabato negro como unha gran mochila coa que cargar)
Ademais, creo que me entrou xabón nos ollos e non podía parar de chorar. Que angustia!
(toda a casa inundada)
Pero o peor foi que un polvo se amarrou ao meu corazón. Apertábame tanto que me doía o peito. Fóra, malo!
Cando llo contei a papá, díxome que era normal que botase en falta a Peque e que camiñase coa cabeza gacha… Pensei que tiña razón, pero o do nubeiro negro non era normal. A min nunca me perseguirá ningún… Ai, vaite! Que pesado!
Mamá explicoume que ao perder a Peque era normal que tivese ganas de chorar. Eu pensei que non era normal que o xabón nos ollos durase tanto… E mira que mos enxaguei moitas veces con auga! Paraaa!
A miña avoa díxome que cando morre alguén a quen queremos moito, o corazón ás veces doe. Eu entendín o da dor de corazón, pero, é normal que te agarre un polvo? Ufff… Apertaba moito!
(unha tirita no peito)
Eu lembrei a sorte que tiña de ter coñecido a Peque: encantábame ter o mellor can almofada do planeta. Era tan lene e tan brandiño… Aínda que ás veces nos rifaban por durmirmos xuntos no chan. Vaia, e na cama tamén!
(sigue lembrando o can lavadora, o can paiaso…) Unha desas noites soñou con el e cúraa: quítalle o nubeiro meneando o rabo, lámbelle o xabón e ladrando asusta ao polvo. Agora xa sabe que Peque sempre estará con ela e lle axudará nos momentos tristes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario