Un neno conta, en primeira persoa o seu tempo de confinamento e rmata coa descuberta de que os sanitarios son os superheroes e superheroínas que loitan contra a enfermidade. Así o presentan: "Hai uns días que a mestra díxonos que non volveriamos á escola
ata que non marchara o coronavirus. Ao principio, imaxinei que era un
monstro peludo, pero descarteino enseguida porque, coma nos contos, un
superheroe xa nos tería salvado. Logo pensei que podía ser un
extraterrestre, pero tamén o descartei porque, coma nas películas,
algunha heroína valente con poderes máxicos xa o teoría destruído.
Porén, cando me explicaron que era un virus... Carai, un virus... Pois
tamén fiquei tranquilo porque, coma nos contos e nas películas, había
heroes e heroínas que traballaban para combatelo."
Boas ilustracións, especialmente aquelas nas que se recolle o rapaz en primeiro plano e tamén os planos xerais nos que se ven os balcóns do barrio, cada un ocupado polos seus habitantes, facendo o que é propio de cada un. Ben levada esa necesidade de buscar alguén "superior" que nos salve; de todos xeitos, nalgún momento haberá que traballar esa realidade de cidadáns facéndose cargo dos problemas, claro que os protagonistas colectivos sempre son máis complicados, e xa bo é ver a eses sanitarios coas capas.
Unha vez máis atopamos dificultades para acceder á presentación en galego, tanto dende a editorial como nas páxinas de librarías.
Ningún comentario:
Publicar un comentario