Elena Vázquez Cendón, coutora en Matemáticas e decana da súa Facultade na USC escribe o manifesto deste ano 2023.
Fala da divulgación como ese compromiso de compartir a ciencia. Saber, curiosidade, preguntas. Tamén di:"Cada libro que enche os seus andeis (dabiblioteca), ao pasar polas nosas mans, convértese nunha semente viva que activa as cores coas que o noso maxísn ilustra as persoas que nos permitiron chegar a este momento, e transmiten as vibracións das persoas que os abrimos. Esta conexión cos libros sacia inicialmente a sede de querer entender e deixa unha valiosa semente para ser as científicas e científicos que acharán as solucións aos problemasque hoxe nos formulamos. Convídanos a visitar o Álbum da Ciencia do Consello da Cultura Galegas e a asistir ás actividades (conferencias, obradoiros, observacións do ceo nocturno, exposicións, contadas, experimentos, cursos...) que se desenvolven nas diferentes bibliotecas ao longo deste mes. No folleto publicado pola Xunta de Galicia aparece, a maiores, inforacións sobre a furgoteca, a ciencia en galego nos equipos de dinamización da lingua galega (congresos, aplicacións e xogos, programas e presentacións, revistas, vídeos, xogos, concursos e cancións, xogos de mesa, biografías...) e nas bibliotecas escolares (recursos a través das páxinas ciencia en galego nas bibliotecas, seleccións de ciencia en galego, libros informativos en galego, proxecto biblioteca creativa, metodoloxías activas e traballo por proxectos)
Todo un mes para gozar coa ciencia ao tempo que se aprende. No medio de todo iso os libros que podemos ver a través dos seguintes enlaces:
Ningún comentario:
Publicar un comentario