mércores, 22 de novembro de 2023
Para o inverno...
Da presentación editorial: "Cando chega o inverno, un paxaro foxe coa súa cría, un rato constrúe un
niño para o seu fillo e os coellos escapan dos lobos que vagan polos
bosques ao escurecer. O camiño á casa é longo e duro, pero os animais téñense os uns aos outros nesta meditación poética sobre a natureza, a supervivencia e o amor." Un verdadeiro poema textual e visual, os versos con rima e as ilustracións suaves. A repetición do retrouso: "É un camiño duro, un camiño longo / este camiño á casa, de retorno." vai acompañando a cada familia de animais que busca o refuxio para os días máis fríos do inverno, pero estando xuntos... iso non importa.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario