Anne, a de Tellas Verdes de L. M. Montgomery, traducido por Moisés Barcia e publicado por Sushi Books. Esta obra fora publicada en 1908
Da presentación editorial: "Matthew e Marilla Cuthbert, irmáns de mediana idade, pretenden adoptar un neno que os axude coa granxa.
Por equivocación reciben a Anne Shirley, unha orfa fraca e rubia de once
anos, chea de enerxía e vitalidade, que deixará unha pegada imborrable ó
seu redor, grazas á súa vívida imaxinación e constante charla.
Anne, a de Tellas Verdes é un clásico literario do século xx para todas as idades, levado á pantalla en varias ocasións". Anne é maís que iso, é a fantasía en estado puro, a sensibilidade extrema, unha capacidade inmensa para erguerse sobre a realidade e tamén para descubrir o que se agacha detrás de cada unha das personalidades coas que vai atopándose. O muller que a acolle é seca, non quere mostrar os seus sentimentos e trata de impor o principio de realidade na cabeciña da nena, inoculando disciplina no corpo da imaxinación pero acaba sucumbindo aos seus afectos. El, o irmán, xa se entrega no primeiro momento, adora a nena e cre nela para sempre. Os veciños con todas as diferenzas, a amiga que Anne decide vai ser a mellor e para sempre e nunca falla, a vella señora á que divirte... Todo un mosaico de sociedade polo que campea Anne dende ese momento no que entra na comunidade ata que se converte na mestra; unha aventura no que aparece o amor nunha evolución contada marabillosamente. Anne vainos descubrindo unha serie de razóns que agradecemos, por exemplo, cando lle regalan uns caramelos pregunta. "Podo darlle a metade deles a Diana, verdade? Se lle dou a metade a ela, os restantes hanme saber o dobre de ben. É marabilloso pensar que teño algo que regalarlle", "Hai unha morea de Annes diferentes en min", "non é agradable pensar que mañá é un novo día no que aínda non hai erros?", a descuberta das almas xemelas á primeira ou un pouco máis tarde, a súa sinceridade sen voltas... pero tamén vaille poñendo nomes fantásticos aos lugares polos que pasa (Senda dos namorados, Lagoa dos Salgueiros, o Val das Violetas, o Carreiro dos Bidueiros, a Burbulla da Dríade, o Bosque Enmeigado, o Lago das Augas Escintilates
"Marilla notárao e estaba lixeiramente preocupada, posi decatábase de que esa alma impulsiva probablemente soportaría mal os altibaixos da vida, e non entendía que unha capacidade para o deleite igualmente grande podería máis que compensalo" Os fracasos afundíana Anne nos abismos da desesperación e o cumprimento dunha esperanza exaltábaa ata acadar os vertixinosos reinos do deleite. "Hoxe hai algo en min que me fai amar a todo aquel que vexo. Non sería marabilloso que durarapara sempre?" "Pasei unha tarde fascinante. Sinto que non vivín en van" "Se puidese botarlle a culpa a alguén sentiríame moito mellor" "Eu preferiría parecer ridícula como todo o mundo a ser a única normal e como ten que ser" "Imaxinaba que Deus non tería tempo para preocuparse polo vestido dunha orfa" Alguén dicía que Anne "que falaba sen parar consigo mesma ou coas árbores e as flores, coma unha tola" Ela afirma que "esperar as cousas con impaciencia é a metade do pracer que producen. Quizais non consigas esas cousas, pero nada che pode quitar o pracer que sentiches ó esperalas con impaciencia (...) eu coido que é peor non esperar nada que quedar defraudada" A señoa Linde opina que ""Quen criou nenos sabe que non hai ningún método infalible e rápido que valla para todos. Pero quen non os criou pensa que é tan simple e tan doado como unha refla de tres: pos os tres valores no seu sitio e sáeche o cuarto. Pero os seres de carne e óso non se rexen pola aritmética." Afirma Anne "É moitísio máis doado ser boa se vas á moda" "Diana e eu estamos pensando seriamente en prometernos a unha á outra que non casareos nunca, senón que seremos unhas amables solteironas e viviremos xuntas sempre.Pero Diana non se decidiu porque cre que quizais sería máis nobre casar con algún mozo desenfreado, salvaxe e perverso para reformalo" Anne conprendeu que perdoara e esquecera sen decatarse (...) canto o lamentaba e canto desexaba que naquerla ocasión non se mostrase an orgullosa e repelente". Canadá. Club de debate. "Arranxas un asunto e xorde outro inmediatamente despois. Cando epezas a facerte maior hai moitísimo que matinan¡r e decidir" Os coñecementos novos aparecían "como iuteiros asomando tras o outeiro e os Alpes alzándose sobre os Alpes" Marilla ve que a nena que aprender a querer desaparecera, quería a rapariga tanto como quixera a nena, pero experimentaba unha estraña e triste sesación de perda" Usaba palabras grandilocuentes e falaba moito, de pequena. A señoa Linde di "Se non podes estar alegre, está tan alegre como podas" Odio e competencia con Gilber, atración; de bos inimigos pasan a ser bos amigos. "E non parecen ter fin... En canto cumpres unha ambición ves outra brillando aínda máis alto. É o que fai a vida máis interesante". A vella di "gústame a xente que se fai querer. Afgórrame o esforzo de ter que querela eu." O pracer da loita. O mellor, despois de inentalo e gañar, é intentalo e fracasar" Sente vergoza e remordemento cando pode sentirse feliz despois da perda de Matthew. "Querido e vello mundo, es moi fermoso, e alégrome de estar viva en ti" Remata a obra murmurando Anne "Deus no seu ceo, e todo en paz na terra."
Chámanos a tención descubir que hai unha edición deste libro, unha tradución, tamén en Hércules.
Ningún comentario:
Publicar un comentario