O outeiro do amieiro de Anjel Lertxundi, traducido por María Ramos Salgado e publicado en Costa Oeste de Galaxia.
Preséntase así: "O protagonista desta novela quere coñecer o mundo, viaxar dun lado cara a
outro, gozar das paisaxes e cidades máis fermosas. E non é que sexa moi
raro, moitos libros falan disto. Pero o protagonista desta novela non é
unha persoa coma ti ou coma min. Non é nin sequera un rato ou un
golfiño. Trátase dun amieiro, unha simple árbore. E unha árbore teno moi
complicado para ir polo mundo adiante, aínda que sexa o carballo máis
ergueito.
Mais a árbore desta novela sempre quixo deixar o lugar onde naceu.
Sempre quixo moverse, camiñar dun lado ao outro, coñecer sitios novos.
E, daquela, a natureza ofreceulle unha apaixonante aventura. E aquí a
tes, a narración do amieiro que quixo coñecer o mundo e o seu
percorrido. Cada páxina é unha porta, e a chave para abrilas todas é a
lectura."
É o que ten recibir visitas, apoiado no amieiro un rapaz le en voz alta novelas de aventuras (As aventuras de Tom Sawyer, A illa do tesouro...), unha muller aproveita a súa sombra para cantarlle ao bebé, un namorado grava un corazón con dúas iniciais, a xente fala de cidades afastadas... e a árbore ponse a soñar. Non lle chega co que ve dende a súa atalaia no outeiro. Quere máis. Na súa cabeza están os mares, os mundos das narracións, os afectos das anainas e aínda que non pode facer nada por moverse da terra na que están clavadas as súas raíces ponse feliz cando medran as augas e o levan con elas, daquelas mostra toda a súa solidariedade salvando a quen pode (sexa animal ou surfista)... tamén el é axudado (as mulleres semellan ser as máis ecoloxistas) a vivir unha nova vida na que seguirá botando de menos navegar polo mar.
O narrador en terceira persoa está atento aos sentimentos e emocións do amieiro. Cóntao todo para que nos fagamos idea de como o ve a árbore. As augas asolagan o val e as expectativas deseser vexetal as páxinas do libro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario