A miña primeira novela de pantasmas leva por título Noite no cemiterio, é da autoría de Carlos Vega, con ilustracións de Iago Torres Paris.
Boadicea, a editora desta obra e da colección, preséntase así: "Alba Rozas, José Manuel Dopazo e Marcos López creamos Boadicea Editora en 2022 para consolidar unha produción sistemática e especializada de obras en galego. Centrámomos nos eidos da fantasía, a ciencia ficción e o medo, entroncando coa tradición europea, asiática e anglosaxona destes xéneros. Achegamos tanto creación propia, dando voz a autoras e autores de Galiza, como a tradución de autoras e autores clásicos e actuais, coidando en todo momento a calidade das publicacións."
Conta con liña de fantasía e ciencia para infantil. Aventuras, fantasía, ciencia ficción e terror en xuvenil nos apartados de A miña primeira novela do Salvaxe Oeste, a miña primeira novela de maxia, a miña primeira novela de Épica Galega, a miña primeira novela de Ciencia Ficción, a miña primeira novela de Piratas, a miña primeira novela de Cabalarías e a miña primeira novela de Pantasmas da que estamos a falar. En adultos continúan con ciencia ficción e fantasía, da man de autores como Philip K. Dick, Ursula K. Le Guin (coa súa serie de Terramar), China Miéville...
E así presentan a obra: "Estreamos liña de terror con Noite no cemiterio. O número 7 da colección A miña primeira
novela de… para lectores e lectoras de entre 12 e 15 anos. Desta volta
Carlos Vega achéganos Noite no cemiterio, a historia de Lolo e Quin,
dous irmáns que van vivir á casa máis próxima ao camposanto de
Vilatorcida. Alí coñecerán ao terrorífico conde Silas, que domina todas
as ánimas do lugar coa axuda do seu fiel servente. Trátase dunha novela
de pantasmas e, polo tanto, do título que inaugura a liña de terror na
nosa editorial." Unha vez máis enriquecen a narración con información complementaria de forma que non teñas que buscala senón que aparece no medio do texto e á que, en moitos casos, tamén podes acceder a través dun código QR que neste caso engade sobre Casas encantadas, Réquien, Washington Irving, Ánxel Fole, Edith Warton, M.R. James, Oscar Wilde, Banshee, Camposanto, Necronomicon, Libro dos mortos, Revivvidos, Pantasmas, Compaña e Santo André de Teixido.
Ningún comentario:
Publicar un comentario