Nós estamos aquí. Apuntamentos para vivirmos no planeta Terra de Oliver Jeffers, publicado por patasdepeixe.
Así o presenta a editora: "Oliver Jeffers escribiu este libro para o seu fillo Harland antes de que nacera.
Sentiu a necesidade de escribirlle unha guía sobre o que había atopar no mundo nada máis chegar a el. É unha guía que nos leva desde o máis afastado, o espazo e os planetas, ata o máis íntimo, os afectos, pasando polos mares, paisaxes, corpos e demais fundamentos da vida. Debuxado e escrito co humor e beleza que caracteriza a Jeffers, este libro fainos reflexionar sobre as esencias da vida, e a importancia de coidarmos o planeta para podermos coidar entre nós. É unha lectura divertida, fermosa e fundamental
que non debe faltar en ningún fogar." Dende a mesma cuberta se nos presenta o planeta e se explica onde estamos e onde non. Nas gardas, sobre un fondo azulde firmamento na noite explícase, por medio das estrelas, como podes facer para atopar o teu camiño cando te perdas (no hemisferio norte e no hemisferio sur, pois para todos vale).
Lede o ton:
Nós estamos aquí (sinala no mapa celeste cunha flecha). A ver... Ola! Benvido a este planeta. Chamámolo Terra. É o gran globo queflota no espazo onde vivimos. Que ben que nos atopaches! Porque o espazo é moi grande. Hai moito que ver e facer aquí, na Terra, así que, para comezar, imos dar unha voltiña. O planeta consta basicamente de dúas partes: terra (rocha e solo) e mar (auga). Imos comezar primeiro pola terra. É onde estamos pisando agora mesmo. Da terra sabemos un montón (e vainos ensinando dende os volcáns ás lagoas). Despois está o mar, que está cheo de cousas marabillosas. Do mar sabemos un pouquiño, pero xa falaremos máis do tema cando aprendas a nadar. (un buzo, os galeóns afundidos e todo tipo de animais mariños, icebergs). Tamén está o ceo. Máis aquí a cousa xa che é algo máis complicada... moi ben, seguimos loguiño. No noso planeta hai xente. Unha xente é unha persoa. Ti es unha persoa. Tes un corpo. Vóidao ben, porque a maioría das partes non volven medrar. As cousas máis importantes que temos que lembrar as persoas son: comer, beber e estarmos quentiñas. A xente vén en moitas formas, tamaños e cores. Pode que o nosos aspecto sexa diferentes, nos comportemos de xeito diferentee soemos diferente... mais non te enganes, todos somos persoas. Tamén hai animais. E aínda veñen en maís formas, tamaños e cores. Non saben falar, pero iso non é motivo para non sermos bos con eles (e di un loriño pequerricho nunha esquina "eu si que sei"). Pode que ti tampouco saibas falar aínda , malia que teñas a cabeza chea de preguntas. Non teñas présa, has aprender a ausar as palabras ao seu tempo. Polo xeral, a cousa vai así: ando hai sol, é de día e facemos cousas. O resto do tempo é de noite, cando está escuro (de non ser pola lúa) e durmimos. äs veces as cousas poden ir amodiño aquí na Terra (paisaxe rural) pero as máis das veces van rápido, así que aproveita ben o tempo. Pasará antes de que te decates. malia o que avanzamos, aínda non o demos entendido todo, así que che quedas oito para faceres ti. Hai moitas cousas que descubrirás por ti mesmo. Só unha cousa: non esquezas deixar apuntamentos para os demais. Parece grande a Terra pero soos moitos os que estamos aquí (7,327,450,667 e subindo). Así que sé bo e xeneroso. Hai abondo para todos. Pois así, este éche o planeta Terra. Asegúrate de coidares ben del, porque é todo o que temos. E se precisas saber algo máis... ti pregunta. Non che vou andar lonxe. E se non estou... sempre lle podes preguntar a outra persoa. Na Terra nunca estarás só" (e tedes que ver que xente lle presenta, case en fila para que poda preguntar: buzos, apicultores, monxas, xentes de todos os continentes, gordos e flacos, con paraugas e sombreiros...)
De seu pai recolle unha frase: Só precisas tres palabras para vivir, fillo: respecto, consideración e tolerancia." Así se entende... non é?
Ningún comentario:
Publicar un comentario