Tarde de sapo de Maite Mutuberria está traducido por Manuela Rodríguez e publicado por Kalandraka na colección Demademora.
Preséntase así: "Unha proposta divertidísima repleta de xogos fónicos e con ritmo narrativo crecente que conduce o lector ata un inesperado final." A repetición como recurso principal, unha gama de cores moi escollida, un debuxo case minimalista sobre fondo de cor, un animal que se mantén e os outros que van pasando con rapidez polo relato. Porque a historia é a dun depredador polo que os demais se preocupan porque o ven aborrecido, soíño... e póñense a facerlle a vida un pouco mellor pero o resultado para eles non pode ser peor. Quen si consegue distraelo é o saltón que o "enreda" para que se distraia "desenredándose". Creo que dá para divertirse moito pero tamén para aprender porque "a tarde coma outra calquera" pode converterse noutra cousa.
Un marabilloso álbum no que as onomatopeas teñen un papel importante!
Ningún comentario:
Publicar un comentario