Escrita en primeira persoa, dela afírmase na presentación editorial: "Di Clara que cando Guim a deixou, só pouco antes do seu aniversario dos dezaoito anos, fíxoo porque tiña ganas de “facer cousas”. De vivir a vida. Que non sabía, que non podía saber, que só seis meses despois un accidente de moto o ía deixar en cadeira de rodas e que sería ela quen viviría a vida que el imaxinara. Di que a de Guim terminou sendo unha vida totalmente distinta. Unha onde o que desexaba eran cousas que non podería volver facer ou ter nunca. Ou, polo menos, iso era o que os outros dicían. A lista das cousas imposibles é a historia de Clara e de Guim. De Guim e de Clara. Unha historia de soños e realidades, de anhelos e de cicatrices. Unha historia de amor e de vida."
luns, 17 de xuño de 2024
Obras traducidas (II) Unha novela xuvenil con premio
A lista das cousas imposibles
de Laura Gonzalvo acadou o XI premio Carlemany para o fomento da
lectura en 2021. Aparece agora na colección Costa Oeste de Galaxia
traducido por María Alonso Seisdedos.
Unha historia que
presenta riscos porque unha moza vaise namorando daquel que di que a
quere pero xustamente cando ela está segura el vaise; ela non entende e
dá voltas pola vida dun xeito... non sei se errático ou experiencial.
Poderiamos pensar que lle queda unha fixación que acaba resolvendo e
tampouco sabemos se da mellor maneira posible aínda que a autora fai un
adianto no epílogo que semella dar tranquilidade ao lectorado.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario