Quen espertou o Kraken? de Lucía Belarte e David Rodríguez Lorenzo publicado por Antela. Unhas magníficas ilustracións acompañadas duns pequenos textos: catro versos con rima asonante nos pares. As imaxes reproducen o mar co monstro e os personaxes que lle poden ser propios: navegantes, xente do litoral, viaxeiros/as, piratas, mariñeiros/as, pescadores/as, ... os personaxes mitolóxicos correspondentes (Neptuno, sereas, Leviatán), barcos de pesa ou de pasaxe, galeóns, o mundo subterráneo e os portos están presentes nas ilustracións que teen moi en conta a muller.
Aparece deste xeito:
"O kraken está anoxado
porque non descansa ben.
Axúdasnos a aclarar
quen o espertou esta vez?
O Kraken está alporizado, cal pode ser a razón? Un Neptuno despistado,
unhas sereas desafinadas... Os cativos gozarán dunha historia divertida
escrita en verso, mergullando a súa imaxinación ata descubrir o
misterio."
Os segredos do bosque de Ben Cho Shey está escrito por Francisco López Barxas, ilustrado por Acisclo Manzano e publicado por Galaxia.
Preséntase así: "Que segredos oculta o bosque de Ben-Cho-Shey nun día de néboa? Por que
ten ese nome tan raro? A quen lle gusta xogar á billarda? En que falan
os afiadores de navallas, tesoiras e coitelos? De que lugar saíron para
percorrer o mundo detrás dunha roda? Que trasgos se agochan debaixo dun
maio feito con musgo, flores e carrabouxos para non ser descubertos?
O bosque de Ben-Cho-Shey esconde segredos que ninguén coñece. Pero,
cales son? Os segredos non se contan; descóbrense nestas páxinas,
seguindo os pasos de Loaira e Lislé, dous dos protagonistas desta
historia."
Ourensanía. O artista Acisclo Manzano. Unha historia de escola, cando a profesora dialoga co alumnado sobre o que foi profesor e inspector Ben Cho Shey (ao que case ninguén lembra co verdadeiro nome Xosé Ramón Fernández Oxea) o seu catón, Enrique Gómez Pato, Vicente Risco, Otero Pedrayo, Benito Jerónimo Feijoo, Bernardo González del Valle, Cachamuíña... Un bosque, os maior e as lembranzas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario