No centenario de Gianni Rodari, Kalandraka publica Era dúas veces o barón Lamberto ou o misterio da illa de san Giulio e Que fai falta?
Gianni Rodari, o emperador da creatividade está de centenario. O pedagogo e escritor que creou a Gramática da fantasía está de aniversario. Kalandraka homenaxéao cun par de libros que levan o selo de 100 Gianni Rodari. Era dúas veces o Barón Lamberto (ou o misterio da illa de San Giulio), un clásico para lectorado autónomo. Ilustrado por Javier Zabala e traducido por Isabel Soto. Ler a primeira páxina fainos entrar nun mundo propio onde a creatividade e a imaxinación son amas e señoras. Un libro para primeiros lectores/s
"O lago de Orta está no medio das montañas. No medio do lago de Orta, aínda que non xusto na metade, está a illa de San Giulio. E na illa de San Giulio está o pazo do barón Lamberto, un señor moi vello (ten noventa e tres anos), bastante rico (posúe vinte e cagtro bancos en Italia, Suíza, Hong Kong, Singapur etcéter) e sempre enfermo. Os seus males ascenden a vinte e catro. Tan só o mordomo Anselmo os lembra todos. Tenos numerados en orde alfabética nun pequeno caderno: asma, arterioesclerose, artrite, artrose, bronquite crónica, e así ata chegar ao zeta de pernas zambras. Á beira de cada doenza, Anselmo ten anotadas as menciñas que lle cómpre tomar, a que hora do día e da noite, os alimentos permitidos e os prohibidos, e máis as recomendacións dos doutores: "Controlar o sal, que sobe a tensión", Limitar o azucre, que non se leva ben coa diabetes", Evitar as emocións, as escaleiras, as correntes de ar, a choiva, o sol e a lúa".
Que fai falta? Ilustrado por Silvia Bonanni. Os álbumes semellan sinxelos pero seu texto pero sempre é rico. Con poucas palabras vainos introducindo na historia: Para ter unha mesa - Fai falta madeira - Para ter madeira - Fai falta a árbore -- Para ter a árbore - Fai falta a semente - Para ter a semente - Fai falta o froito -- Para ter o froito - Fai falta a ... Para ter unha mesa Fai falta unha... Deixamos detrás deses tres puntos a palabra clave, ao meu entender, porque esa conclusión é digna dun bo tratado mediambiental e dunha secuencia racional. Poucas palabras pero as xustas, poucas palabras pero unha lectura profunda.
As ilustracións son colaxes que ocupan as dúas páxinas. As gardas son flores. A mesa está posta co mantel, os servizos, pratos, ola, cubertos, cadeiras, o reloxo, os utensilios de cociña, ata o can e o gato comendo onde lle corresponde.
Ningún comentario:
Publicar un comentario