Dous novos títulos: O rei Medorento de Susana Peix e Héctor Borlasca (o medo á escuridade fai que o monarca non deixe durmir aos súbditos que han de traballar pola noite e manter todas as luces prendidas para espantar os fantasmas, polo día van andar todos medio durmidos así que o rei ha de buscar unha solución que lle dá unha meiguiña que resolve o problemón) e O mellor gato da vila ("A Calcetíns encántanlle os ratos, pero
non para comelos. Gústalle brincar con eles. Agarda a que saian do seu
agocho e perségueos pola casa. Mais iso non é o que espera a súa dona
del. Calcetíns terá que demostrar que é o mellor gato da vila para
seguir vivindo na casa. Será quen de conseguilo?") da mesma autora e Brenda Figueroa en Cumio.
Da presentación editorial:"Ao rei Fear dáballe medo a escuridade.
Tiña tanto medo que se encerraba na súa alcoba cada noite para non
ver como o sol desaparecía no horizonte. Necesitaba atopar unha
solución ao seu problema. No palacio ninguén durmía pola noite, así
que decidiu buscar o sabio máis sabio do reino..."
Características pensadas e deseñadas desde a súa orixe facilitar a lectura a toda a rapazada
Lemos +6 é unha colección creada para fomentar e gozar da lectura por pracer, a través de historias frescas que teñen un transfondo cheo de valores: solidariedade, amizade, honestidade, perseveranza… Valores, que aparecerán de maneira transversal e normalizadora nuns libros que presentan todas as características de accesibilidade á lectura no que respecta ao formato, a tipografía, disposición do texto, contraste de cor e ilustracións. Características pensadas e deseñadas desde a súa orixe para facilitar o acceso á lectura a todos os nenos e a todas as nenas."
Ningún comentario:
Publicar un comentario