Sete dentes de león de Ledicia Costas e David Sierra é un álbum publicado por Xerais.
Da presentación editorial: "Esta historia sucedeu cando o mundo era gris. A vella tivo sete soños durante sete noites e naceron sete dentes de león que acenderon o mundo."
Un novo mito da creación do mundo, a aparición das cores e a explicación do nome do arco da vella. Plantas que nacen de soños e soños que provocan nacementos. Nubes que podes pescarse e gardarse.
Un libro para ler e ver, para mirar paseniño e paseniño, observando cada imaxe e cada detalle. Unhas ilustracións que poden lembrar as de artistas do Leste dunha determinada época e que colocan a historia nun mundo propio
Ningún comentario:
Publicar un comentario