Sé tartaruga de Agustín Sánchez Aguilar con ilustracións de Anna Baquero está publicado na colección Tucán de Rodeira.
Así se presenta: "O galo Lourenzo está a pasar unha mala tempada. Leva moito tempo sen traballo e non ten cartos. Un día ofrécenlle ser profesor de canto e Lourenzo entusiásmase, porque a música é o seu. Pero o traballo non é o que esperaba. As súas alumnas son as Wonderful, cinco tartarugas vellouqueiras que teñen unhas voces espantosas! E o peor é que pretenden que Lourenzo as axude a gañar un concurso de canto. Co seu entrañable optimismo e a súa bondade infinita, as tartarugas porán a proba a paciencia do galo e aprenderanlle que, nesta vida, o que importa non é chegar lonxe, senón gozar do camiño."
A personalización dos personaxes tanto no texto coma nas ilustracións é tremendamente interesante. Un galo personalista en tempo de derrota despois dun fallo nunha actuación, o paro e a falta de recursos. Unhas vellas tartarugas no que podería ser un centro de día, buscando alguén que as prepare para participar nun concurso de canto non pola vanidade de ganalo senón por conseguir os cartos para o tratamentodo filla dunha empregada do centro. Elas son tan amorosas, tan solidarias, tan positivas, semellan tan inocentes... que acaban ganánndolle a partida ao galo amargado e malhumorado que nun pricipio ala pero nun momento determinado dilles todo o que pensa delas, pero a vida ten as súas cousas e haberá un amaño e todo se resolverá da mellor maneira posible. Aprendizaxe da vida lenta (tan de moda) e do poder dos afectos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario