As emociconas é unha nova colección que pon en marcha Cuimio en Lemos +5
As emociconas: Onde van? (As Emociconas son como son, cada unha coa súa personalidade. Cada unha ten unha forma xeométrica e unhas determinadas emocións: desde Riseira, un rombo amarelo cheo de alegría, ata Rosmón, unha nube gris moi rabuda. A través das súas aventuras, descubrirás o emocionante mundo das emocións mentres dás os prime...), Son alegre (Riseira sempre está feliz e contenta. Ten a cor do sol e, cando sae polas mañás, a súa luz dálle máis alegría. Hoxe está a chover. Pero aos seus amigos non lles gusta a chuvia… Haberá un efecto contaxio?), Son coqueta (Chic é sensible, coqueta e presumida. Convidou os seus amigos a un desfile de moda, pero ao prepararse para saír a desfilar, non encontra o seu gorro favorito. Conseguirán atopalo?), Son rosmón (Rosmón está anoxado porque chegou o verán e vai moita calor. Os seus amigos e amigas as emociconas queren ir a praia pero a el non lle gusta. Conseguirán as emociconas que vaia?), Son atrevida (ATREVIDA É MOI VALENTE E QUERE VOAR COMA UN PAXARIÑO. PREPAROU UNHA SORPRESA PARA OS SEUS AMIGOS AS EMOCICONAS E LÉVAOS DE EXCURSIÓN. CAMIÑAN DURANTE UN BO ANACO DE TEMPO, CRUZAN A PONTE DO RÍO E, AO CHEGAR A UN CAMPO ENORME, LÉVANSE UNHA GRAN SORPRESA: FARÁN UNHA VIAXE EN GLOBO! CONSEGUIRÁN SUBIR TODOS?), Son tedioso (CHEGOU O NADAL E TEDIOSO ESTÁ MOI FELIZ. VAI COLOCAR A SÚA ÁRBORE! OS SEUS AMIGOS, OS EMOJI, VAN AXUDARLLE A COLGAR OS ADORNOS: TEÑEN BÓLAS, CAMPÁS, GIRLANDAS E ORPELAS. TODO PARECE MOI FÁCIL ATA QUE TEDIOSO INTENTA COLOCAR A ESTRELA. CONSEGUIRÁN COLOCAR A ÁRBORE DE NADAL?)... En xeral, preséntanse así: "Aprende a ler gozando de historias en letras maiúsculas e con textos claros e accesibles coas emociconas"
Complicada tanta psicoloxía, tanto centrarse nun mesmo e como é... Certamente, haberá quen lle saque froito e quen non, quen se divirta vendo as diferentes maneiras de ser (especialmente por momentos), quen o vexa como algo inamovible e quen se perda nunha moda que vén pisando moi forte. De calquera maneira, deberiamos estar atentos e atentas ao que se nos presenta e como se fai.
Como todas as modas, deben pasarse polo tamiz da pedagoxía (e non digamos da literatura e das artes), polo "sentidiño" e a reflexión. Houbo un pedagogo galego que colaborou coa LOXSE ata o momento no que nesta se veu o peso da psicoloxía, daquela decidiu que mellor ocupaba o seu tempo coidando do común e abandonou ese barco. É importante tratar emocións e sentimentos, poñerlles nome e algo máis, pero tamén é moi importante ver de onde veñen certas correntes e a que responden. Esa é a nosa responsabilidade, como o é tratar sempre á rapazada como seres intelixentes que se educan, igual que o facemos nós.
Os textos de son De Susana Peix e as ilustracións de Mercè Canals.

Ningún comentario:
Publicar un comentario