O libro dos monstros, Anónimo. Edición, tradución e comentariios de Maite Jiménez Pérez con ilustracións de Miguel Robledo.
Da presentación editorial: "Cando o mundo aínda non era unha esfera diáfana, entre as súas sombras agochábanse marabillas e abominacións. A imaxinación humana creou figuras, animais e seres mitolóxicos que nos acompañan desde hai milenios.
Nesta obra, escrita en Europa no século VIII por unha man anónima, todas esas criaturas brotan e hoxe en día seguen a abraiar."
Unha introdución na que se nos fala de todas as criaturas do mundo, o Imago Mundi, de monstros, prodixios e marabilia, de tetraloxía, o Libro dos Monstros, unha serea e "da nosa tradución". Comeza o prólogo ao Libro dos Monstros, comeza o Libro Primeiro sobre os Monstros (andróxinos, Hygelac, Coloso, os que teñen seis dedos, faunos, sereas hipocentauros, home dúplice, etíopes, ono centauros, cíclopes, Heracles, a rapaza enorme, Escila, os homes peludos, os esciápodos, os homes barbudos, un tipo misto de sexo...), Comeza o Libro Segundo sobre as Bestas (león, elefante, onagro, tigre, lince, pardo, pantera...) e Comeza o Libro Terceiro sobre as Serpes (a serpe de Lerna, a serpe de Asiria, a hidra, as serpes cerastes, as de tamaño extraordinario...). Remata o libro coas múltiples notas nas que se referencias as fontes e a bibliografía.
Un libro para sumerxirse na imaxinación do pasado, de quen creou seres situándoo nos lugares afastados a onde era case imnposible chegar. Recolle un acaca do introdución que nos dá que pensar: "Isto é o que di Xervasio de Tilbury, o grande intelectual inglés do século XIII, na súa enciclopeida de cousas marabillosas dedicada ao emperador: "Xa que o apetito do espírito humano está sempre esperto para escoitar e absorber novidades, é necesariomudar as cousas vellas en novas, as naturais en marabillosas e as que son correntes para todos en inauditas." Estes son os marabilia, contos fantásticos sobre viaxes a terras marabillosas onde habitan xentes espantosas, pero que, en troques, ofrecen riquezas inamaxinables"
Realmente, é un libro para persoas que gusten de monstros e, sobre todo, de ver como se inventaron estes en momentos determinados da nosa Historia. Na biblioteca dará moito xogo, porque é un bo libro de consulta que pode dar lugar a novas creacións.

Ningún comentario:
Publicar un comentario