Rosalíate. Pequena biografía de Rosalía de Castro de Uxía Martínez Recamán e Laura Suárez está publicado na editorial Edicións Xerais de Galicia, en tamaño grande, con pastas duras e moi ilustrado, aínda que podemos convir que non se trata dun álbum pola cantidade de texto que acompaña as ilustracións.
Un ceo cheo de nubes e unha cinta que o percorre ocupa as gardas para dar paso á biografía (infancia e xuventude - madurez), para pasar a falar das súas obras (Cantares gallegos e Follas novas) e aquelas facetas e ámbitos que lle foron moi queridos (feminismo, Galicia, lingua) e aspectos moi actuais como a Rosalía icónica e rematando cunha pequena antoloxía da súa obra e unha liña do tempo con imaxes moi suxerantes.
As ilustracións de Laura Suárez achéganlle unha riqueza que vai do realismo ó surrealismo cun simbolismo moi especial que nos obriga a deternos na súa observación para descubrir aquilo que non vmeos na primeira ollada.

Ningún comentario:
Publicar un comentario