Capitán Lentella. Tras a materia escura de Jorge Campos é unha Banda Deseñada para rapazada a partir de sete anos, publicada por Xerais.
Así se presetna: "A viaxe continúa! Mentres os audaces Lalo e Rufino descobren novos lugares e personaxes, parte da tripulación pregúntase como atopar o famoso astrónomo Pekler, o único que pode darlles a pista que os leve ata a base do malvado Aphis. Pero o capitán ten outras prioridades: seguir coa súa gran volta ao Universo. A tensión comeza a medrar entre os dous compañeiros, e o que parecía unha amizade indestrutible está a piques de romper. Será esta a fin da súa aventura?"
Uns personaxes realmente estraños, unhas relacións moi humanas nas que a competencia, o egoísmo e a amizade os moven vaian por onde vaian. Cada un co seu carácter, facendo o que a cada personalidade lle corresponde facer...
Forma parte dunha serie da que anteriormente foron publicadas Capitán Lentella. Unha nova chuvia de estrelas e Capitán Lentella. Aventura a todo gas.



Ningún comentario:
Publicar un comentario