Oxalá estiveses aquí de Charo Pita, ilustrado por Dani Padrón e publicado na colección Árbore
de Galaxia. Para lectores a partir dos 10
anos.
Unhas ilustracións sinxelas pero cheas de personalidade e unidade, expresivas, que falan de sentimentos... xustamente do que vai o texto, de sentimentos e expectativas, de desexos e misións na vida, das grandes ideas que nos rondan a cabeza convertidas en cousas pequeniñas, do currículum oculto que ás veces poñemos en pé decididos a tomalo nas mans.
Volve Charo aos libros como Os tres amigos ou Pequeno oso pequeno tigre, ás cousas sinxelas que non o son, a iso que contamos sen máis pero que leva moito simbolismo impreso. Neste caso, a lebre escoita algo diferente no río: é unha botella que contén unha mensaxe, que neste caso ha de conseguir sacala do río, ha de conseguir sacar o papel da botella e só o logrará cando reúnan forzas e mañas Cangrexo, Lagarta e o Vento Norberto. Daquela len a mensaxe “Oxalá estiveses aquí”. Non se sabe quen a envía nin desde onde, pero a lebre está disposta a buscalo así que sae río arriba cara ás Terras de Alén cos agasallos dos seus amigos (unha pinza do cangrexo –non súa, claro!- un líquido da lagarta para volverse da cor do que a rodea, unha buguina do vento –que tamén lle dá un consello “cando estés nunha situación difícil, respira profundamente porque airearse sempre axuda"- e un pouco de mel da abella). Vai subindo, río arriba ata rematar a Pradaría onde se encontra con Teixo (o garda da fronteira) e despois de contestar as súas súas interesantes preguntas entérase de que outra lebre cruzara a fronteira antes ca ela. Na noite atopa a un gato salvaxe (un dos seus inimigos) que lle pide axuda porque ten unha espiña cravada nunha pata, quítalla coa pata de cangrexo, durmen xuntos e acaba regalándolla por se volve cravarse unha espiña. Logo coñece a Salmón que vai río arriba, teñen unha conversa interesante acerca de se xa está “aquí”, do que saben e non saben, de como fan o que outros –peixes e lebres non fan- e despídense sabendo que son diferentes pero tamén moi parecidos... rachando prexuízos. Despois, ha de continuar por terras ermas onde os paxaros negros a sguen desde o ceo agardando a comer lebre, ese semella o seu destin, pero cando a lebre desfallece e a buguina do vento roda...

Cos recuros da narración, coa sinxeleza e a
maxia da oralidade; as repeticións, a reiteracións, as verbas ben buscadas
porque son o abracalabra que pode abrir unha porta, e ben ditas porque
separarndo ou unindo de diferente maneira por ter distintos significados.
Con valores coma o misterio (recibir unha mensaxe), o atrevemento (ser quen de buscar),
a axuda dos amigos, xuntar forzas e mañas para facer as cousas entre todos, a
narración ben contada, os agasallos que sempre han de servir para algo (tamén
para regalalos de novo a aqueles que o precisen), as palabras con significado
especial, a temeridade dos que non queren coñecer nada novo (que pode haber
fermoso alén da Pradaría?), un tesouro pode ser calquera cousa, agradecer cando
alguén fai algo por nós aínda que non sirva, para algúns todo o que rompa a
rutina é un problema mentres que para outro é un aliciente, os consellos dos
amigos ou o que eles nos contan, o xogo coas palabras, o valor da
imaxinación (a distacia entre os catro puntos cardinais é o horizonte), incluso
os máis perigosos teñen medo a algo, incluso os maís perigosos poden ser amigos
(durme apoiada no gato salvaxe e dá bo durmir), a cadea de favores, diferentes e
iguais pois temos cousas que nos diferencian e cousas que nos unen, qué sabemos
e qué non sabemos?, cómo imos seguindo misterios, os paxaros negros ou as
ameazas que sempre penden sobre nós agardando a nosa debilidade para podernos,
aínda cando atopes un bo lugar podes querer continuar buscando: uns quedan aí e
outros continúan, estar soa no medio do
paraíso, o que pode provocar unha mensaxe ou unha frase tan suxestiva como
“oxalá estiveses aquí”, os pequenos e débiles podemos inventar algo para que
non no ataquen (paxaros ou peixes que se xuntan para semellar un grande, rato
que xoga coa súa sobra e o ruído con eco para asustar), contar con que todos
asustamos a todos, o despiste de algún que nos informa con toda seguridade coma
o morcego coa dereita e a esquerda, os cambios rápidos de algúns (bolboreta) e
o non facer nada persoalmente sen que o saiban as demais (formigas), pódese
enviar unha nova mensaxe nunha espiral e nin siquera hai que estar alí para
recibir aos que cheguen porque tartaruga estará durante moito tempo, e a despedida:
“oxalá nos volvamos ver” que podería servir para un novo relato... ás veces o agasallo
que levas ao final da viaxe é o que podes contar ou ensinar.