luns, 12 de outubro de 2026

O gran lobo feliz. Investiga Os contos de fadas

 


O gran lobo feliz. Investiga Os contos de fadas de Catherine Cawthorne e Sara Ogilvie traducido por Silvia Obelleiro e publicado por Picarona.

Da presentación editorial:"Realmente unha princesa sinte un diminuto chícharo baixo unha montaña de colchóns? Pode unha cabaza converterse nunha carruaxe para levar a Cincenta ao baile? Pois claro que non. Todo é absurdo nos contos de fadas. Ou é que…? O Lobo Feroz ten a misión de descubrir a verdade que se agocha tras estes contos e, de paso, limpar o seu nome. 

Combinando temas de ciencia, tecnoloxía e enxeñaría con contos clásicos que os nenos coñecen e adoran, este divertido libro ilustrado de non ficción é perfecto para nenos curiosos que se fan sempre grandes preguntas."

Obxectos de laboratorio nas gardas para meternos en tema. Quen conta é o lobo que pon en dúbida os contos porque é un científico que investiga nun laboratorio. O que fai é contar o conto tradicional e, a continuación, as dúbidas que levan á expeimientación, por exemplo no conto dos tres porquiños pregúntase: poden os lobos soplar?, que animal podería derrubar cada casa?, canto se pode soplar?... Achega datos para rematar cos contos sen máis. E vai pasando dun a outro: Cincenta (zapatos de cristal?, vehículo de cabaza?...), Hansel e Gretel, Xan o das fabas máxicas  (aquí o libro cambia de sentido e ha de lerse en vertical), A princesa e o chícharo, Cara puchiña Vermella... e de toda ese análise saca unhas conclusión finais porque el, o lobo, necesita reivindicarse e faino a través da ciencia. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario