martes, 20 de outubro de 2026

Maxina e a maxia das herbas

Maxina e a maxia das herbas de Ramón Romero Nogueira e Baltasar Morgade Lores (o autor dese marabilloso cómic Netchu o neno momia) está publicado en Bulevar.

Unha historia contada en cuartetas que se presenta así:

Este conto de cuartetas
trata da nena Maxina,
asustada pola meiga
que vive na súa vila.

Terá que afrontar o medo
e gañar en afouteza,
para así, poder vencelo,
coñecendo a natureza.

Maxina adora as fadas e os biosbardos pero non lle gustan as bruxas.  Un día, ten un accidente na bici e a avoa lévaa a xunta unha vella coñecida. Despois do susto inicial porque pensa que é a bruxa pero (si? ou non?) trátase dunha muller que sabe moito de herbas e coñece coma ninguén o corpo por iso pode curalo; chámaselle curandeira, a que sabe de ciencia e natureza.

Ningún comentario:

Publicar un comentario