Por arte de risa. A verdadeira historia da Mona Lisa de Rita Doallo e Atolonia está publicado por Pepa a Loba editora.
Así se presenta:"Unha historia en verso sobre o día en que o xenio do Renacemento quedou ollando o lenzo sen saber por onde comezar. E sobre unha muller que non pensaba conformarse."
Unha historia divertida que pretende cambiar a imaxe que temos da muller que inspirou ese cadro. Imaxinemos que é un encargo do matrimonio, un retrato da muller; sigamos imaxinando que algo sorprende ao pintor ata o punto de tentar darlle unha solución que resolva o problema que ten diante, e a forma de resolverse tamén nos sorprenderá. O esfumato como técnica, os encargos ou a difícil vida do artista, o retrato que ha de gustarlle ao retratado, un dos cadros máis famosos de todos os tempos, un artista excepcional que ademais foi inventor, enxeñeiro e non sei cantas cousas máis... Unha nova visión do cadro e do artista, unha chiscadela con eses ratos que tamén a pintan "á sua maneira".
Versos e humor.

Ningún comentario:
Publicar un comentario