Amosando publicacións coa etiqueta Libro sen palabras. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Libro sen palabras. Amosar todas as publicacións

martes, 17 de marzo de 2020

Libros sen palabras

Mentres ti dormes da colección Demademora de Kalandraka.
Libros necesarios, sen palabras para que llas podemos poñer nós: os que lermos moito e ben e os que len un chisco menos, os que apenas poden ler palabras pero observan moi ben as ilustracións... Libros para tod@s. Libros que IBBY recolle para elaborar listados que considera necesarios.
Un concurso: SilentBook Contest (o primeiro premio internacional dedicado a libros silenciosos)
que este libro gana na edición de 2015.
Unha dedicatoria na capa interior nas catro linguas do Estado. O título en castelán (non o dou atopado en galego...
Unha historia cchea doutras historias. Un neno ao que a nai lle le un libro mentres adormece, nese libro aparecen seis personaxes animais personalizados con roupa s e xeitos humanos.  Cando o neno pecha os ollos, a nai vaise na punta dos pés e o moucho ira dende a noite exterior. A cámara vaise afastando e... mentres o neno dorme os pais (ou a nai e a súa parella brindan, a noite xa é súa), fora van aparecendo os animais do libro unha moza en bicicleta, un gato perseguindo a un rato,o moucho observa; a cámara afástase outro pouco e van aparecendo os personaxes anteriores máis outros novos facendo diferentes cousas mentres o neno dorme... e así paso a paso imos seguindo a cada un deles dende o tatuador, á nai que acompaña ao bebé ata durmilo, aos que no hospital traballan ou choran ao que observa co telescopio o ceo, a que pinta... e os seis animais que paso a paso se meten nun barco e chegan a unha natureza virxe onde prenden unha fogueira e baila arredor ata facer subir esa luz e formar un sol que amanece aí, sobre o mar que acompaña a cidade na que o neno dorme, comezan a cantar os paxariños e os pais espértano para darlle a benvida ó día.    
En que lingua contarán a historia as nosas nenas e nenos?