Unha biblioteca, sempre que dea servizo, que permita a entrada e o préstamo, que colabore realizando unha recomendación personalizada... sempre é inclusiva, porque nela hai libros para diferentes idades e para diferentes competencias lectoras. Aínda así, hai que entender, que son necesarios libros de lectura fácil.
Aquí teño as 20.000 leguas baixo os mares adaptación realizada pola Asociación Juan XXIII e publicada por Galaxia, con este selo de Lectura Fácil. Nela, boto de menos unhas ilustracións algo máis atraentes (e refírome ás interiores) porque nunca debemos esquecer que o libro ademais de educación literaria leva aparellada a educación artística a través das ilustracións e o deseño.
Outros quer tamén teño a man son os de Kalandraka e Bata: O coelliño branco (que aparece subtitulado como "Texto de Bata, a partir da versión de Xosé Ballesteros con ilustracións de Óscar Villán") e A ratiña presumida ("Texto de Bata, a partir da versión de José A. López Parreño"). Ambos con selo de Libro con pictogramas e na colección Makakiños.
Agradecemos estas publicacións en galego, porque tamén aí temos que normalizar a lingua.
Ningún comentario:
Publicar un comentario