Libros para seguir reflexionando sobre o acoso escolar, para gozar da boa escrita, para continuar lendo a un escritor de recoñecida valía.
Papá caníbal de Antonio M. Fraga, con ilustracións de Santi Gutiérrez, publicado na colección Merlín de Xerais, preséntase así: "Fedora está farte de que o abusón do cole se meta con ela, así que decide asustalo contándolle que o seu pai é un caníbal. O Efebeí, un policía fóra de servizo por non facer nada ao dereito, inicia unha investigación pola súa conta sobre o suposto caníbal, desa maneira pretende o prestixio perdido e poder resincorporarse ao traballo. A partir de aquí iniciase un atolado enredo que ten lugar durante a noite do Samaín. Unha novela disparatada, enxeñosa, macabra e reatadamente divertida, na que mesmo poderás escoller o final!"
Dúas voces: a de Fedora e Efebeí, declaran ante o inspector tentando aclarar os últimos acontecementos, ao modo no que se facía en Sostiene Pereira. Cada un vai achegando a súa verdade. Chegado o final, o autor pásalle o protagonismo ao lectorado pois poderá escoller entre un final feitiño e un final macabro (con morte incluída).
Unha obra diferente, que non nos vai deixar indiferentes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario