Animalario de ler a diario é un libro de poesía, de nova poesía, do autor Eduard Velasco, ilustrado por Nuria Díaz. Finalista do premio Merlín 2021 semella escrito para os fillos: Xonás e Carme que aparecen retratados nas imaxes. O autor, un home que se move entre Cataluña e Galicia, o catalán e o galego; poeta, narrador e tradutor que se escrea na LIXG con este poemario. No pórtico do libro confésanos que cando Sabela Labraña (aquela profesora de galego que tiñamos en Cataluña) lle preguntou se era fillo de galegos e el lle contestou que non, ela afirmou pois serano os teus fillos e niso estamos; ganando voces para a nosa lingua e rapazada falante.
As poesías son xogo, hai moito de trabalingoas na brincadeira das palabras, do ritmo e a rima necesaria. Divídese o libro en tres partes: Animais que están na terra pola vila, o val e a serra, Animais que van no mar porque non saben voar e Nin terra nin mar (malos de clasificar). Polo medio, a intervención dos dous rapaces que se presentan no debuxo e anuncian con maiúsculas en pareado, e a modo dunha longa adiviñanza: "Somos os máis pequernos dos bechos deste texto / e levamos o premio a ser os máis molestos", "Se no verán a fiestra abres de tas en bas, / algún de nós ha entrarche e te desvelarás", "O gracioso do conto, o que é esmendrellante, / é que non nos dás visto nin téndonos diante", "Só has saber de nosoutros por un fino asubío / que, ríndonos de ti, che daremos no ouvido.", "Mal raio te esnaquice -has berrar indignada- / tan ben que adormecía e saltei asustada", "E cando nos persigas coa luz do cuarto acesa... / desapareceremos e qedarás sen presa", "E aínda se nos esmagas con forza na parede, / mancharémosche o branco de roxo sangue adrede.", "Xa soubeches que somos os pesados mosquitos, / tanto que mesmo andamos nos versos por escrito."
Esa imaxe da cuberta, con todos os animaliños lendo... vale un perú ou Perú!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario