Violeta ás agachadas de Ramón D. Veiga ilustrado por Abi Castillo, un álbum publicado por Xerais en gran formato. Unha marabilla de libro cunhas ilustracións estupendas que nos van mostrando ata onde pode chegar o interese en agacharse: debaixo das camas, dentro dos armarios, nas lacenas da cociña, nos testos das hortensias, no medio da sebe de buxo, na caseta do can...para pasar a ver o mellor escondedeiro en cada mes do ao e así ir presentando cada un deles nun pareado. Cada lámina é un magnífico cartel no que a ilustración impresiona e nos fai buscar a nena. Non hai moita historia, é certo, pero hai tanta imaxe que nos coloca en situación de crear con cada unha delas o oso propio relato feliz.
Que pai lle ten feito tantos recoñecemento á súa filla? Ramón faille moito a Violeta, dende aquel Violeta quere ser vampiro este pasando por Violeta plarapluei e outras historias de xente pouco corrente.
Ningún comentario:
Publicar un comentario