Podes de Giusi Quarenghi e Alessandro Sanna traducido por Xosé Duncan e publicado por Bululú. Preséntase así: "A vida está chea de retos que nos poñen a proba dende que somos moi pequenos; de normas, ás veces demasiado estritas, que nos manteñen inmóbiles nun asento ou que nos ditan como e cando debemos actuar, como comportarnos. Nunha sociedade colectiva debemos respectar aos demais, pero… debemos perder a nosa liberdade de ser nós mesmos?"
Unha obra que nos debe facer pensar porque as cousas non son tan doadas como parecen, polo tanto vaise prestar a discutir ata onde podemos e ata onde non, en que circunstancias debemos exercer a liberdade e en cales é mellor deixarnos guiar... Un verdadeiro xogo entre o "podes" e o "debes" que conta contigo para toar decisións. Construído con rimas. Leamos un anaco:
Non sempre podes, pero ás veces debes, / facer o que che vén á mente. /Non sempre debes pero ás veces podes, / non facer o que diga a xente. / Mesmo podes non querer, / non deber, non poder. / Non conseguir facer isto, / querer facer, en cambio, aquilo./ Non ser de menos nin de máis, / ser tan só ti e xa está.
Familiariando xuntos de Ana Meilán e Silvina Eduardo publicado por Entrenubesycuentos é outro libro máis sobre familias pero con pouco interese (ao meu entender). Din na presentación editorial que "a pesares de formar parte da mesma familia e vivir toda a súa vida xuntos, os Right e os Left tilñan personalidades moi diferentes" e tamén que trata o libro sobre "Inclusión e diversidade é o que descubriremos nesta álbum ilustrado no que a fotografía cobra vida nas manos de Ana y Silvina". Cada man unha familia, cada dedo un membro dese conxunto e remata falando doutras familiasncoma as dos pés. Realmente, se falamos disto o mellor é ir ao tradicional e lembrar as características de cada dedo e deda e non inventar sen ter en contao que diferencia a cada un deles. Ilustración e deseño gráfico sempre aceptableuetón, divertido e integrador de diferentes estilos e demais.
Ningún comentario:
Publicar un comentario