Bululú presenta A cor dos sentidos (Un conto en branco e negro, a toda cor) de Gustavo Roldán, traducido por Xosé Duncan.
Así se presenta: "Poden as cores ser as protagonistas dun libro en branco e negro? A cor dos sentidos é unha reflexión moi imaxinativa e alegre sobre as cores que nos rodean. Só é preciso fechar os ollos para descubrir que podemos experimentalos doutro xeito, con outros sentidos diferentes á vista: azul é o son do mar; violeta, o recendo das flores; vermello, o calor dunha fogueira…Un álbum ilustrado e de textos moi líricos, que nos convida a observar o mundo a través das sensacións."
Ese é o xogo: definir as cores por medio dos outros sentidos. Un xogo que abre a mente a outros noitos pois ese paso duns a outros sentidos pode multiplicarse. Un libro moi potente e iteresante dende o punto de vista do deseño gráfico e da historia. Minimalismo en estado puro. Escrito con maiúsculas.
Antela editorial, na colección Pitiños, presenta un libro de poesía no que os animais teñen un papel importante. Animalgama de Ramón Sánchez está ilustrado por Lucía Barros. Así se presenta:
"Isto que tes nas mans non é un libro corrente,
é unha ANIMÁLGAMA!
E iso que é?
É un fantastilibro no que a poesía se volveu tola.
É «un gorila que baila ao son dunha gaita».
É «un verme en monopatín».
Ou incluso «unha medusa con tiracroios».
Se non mo cres, ábreo e verás!
Unha animálgama agarda por ti.
Seguro que che fai rir."
E así podemos entrar:
"Se queres entrar, pois adiante, / o libro sempre está aberto, / dá igual que veñas ao trote / ou saltando coma un cervo, / ou facendo malabares / de acabalo dun cangrexo, / o importante é divertirse / con este feixe de versos."
Boa poesía e boas ilustracións. Poemas para ir máis alá, para desmentir falsas verdades, para introducir o proceso da escrita, para percorrer o mundo animal e rematar a abrazos. Recomendo todos os poemas, pero especialmente aquel que leva a o nome de Acochadiños.
Ramón Sánchez, que se define como músico y poeta autodidacta. disparatadas, hilarantes, y en muchos casos, irreverentes. n caracol montado en patinete corriendo mil peripecias para llegar a su
cita con una limacha, hasta cuatro gallinas que sueñan con volar como
águilas y harán todo lo posible para conseguirlo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario